RIDIMOAS
COMPRA UNA CASA EN RUINAS PARA SU NUEVA SEDE
La propiedad tiene una superficie de 252 m2
. Por otra parte se han incorporado 3.588 m2
correspondientes a dos parcelas que se integran en el espacio
natural de Ridimoas, extendiéndose las labores de conservación,
vigilancia y erradicación de acacias a una superficie de
500 ha(¡Ojo!,
no 500 m2 como trae la noticia).
Foto: Martiño Pinal
Linde SE do bosque Ridimoasna paraxe do Poenxo, onde
as viñas fan un efecto borde, cos penedos graníticos e co bosque,
moi apetecido polos coenllos.
Na foto tamén se aprecia a torreta do tendido eléctrico que xa
estaba en pé cando nós fundamos a asociación Ridimoas.
Los socios de Ridimoas dieron ayer, 13 de marzo de
2011, el visto bueno al
calendario de actividades que la entidad desarrollará durante
este año, en el que destaca la publicación de un cuaderno de
campo con biomúsica y la reedición de cuatro libros ya agotados
-As viñas do Riberio; As aves de Rapiña en
Galicia, A figueira y Pena Corneira-, que la
entidad quiere volver a sacar al mercado tanto por su valor
divulgativo como por los ingresos que genere su venta.
Y precisamente las cuestiones económicas ocuparon buena parte de
la asamblea anual ya que la entidad ecologista está embarcada en
la compra de una vivienda en el casco histórico de Beade que les
servirá de sede, pero que es necesario todavía rehabilitar. Un
trabajo que se desarrollará en varios años, ya que el desembolso
para la compra fue importante (18.000 euros), y la situación
económica no es la mejor. Ayer se conocía que un 10% del
presupuesto (1.200 euros) se gastan en comisiones bancarias por
devolución de recibos derivados de cambios de cuenta de alguno
de sus 1.032 socios.
Los que ayer acudieron a la cita pudieron también disfrutar de
una exposición y una conferencia de Paula
Rodríguez sobre la problemática de la
proliferación de mimosas. (Fuente: La Voz de
Galicia)
Novos socios
Neste momento somos 1.025
socios/as;
pero pedimos un esforzo
suplementario para seguir aumentando o número, pois o último
ecosistema forestal do Ribeiro de Avia debe seguir aumentando
pola merca de parcelas. A día de hoxe, a xente de Beade ofrécennos
moitas parcelas para que llas merquemos, pero necesitamos cartos.
Sen cartos a recuperación do bosque é máis lenta e os perigos de
que a destrucción faga acto de presenza e moito maior.
"Mancha"
caracterízase por ter unha crin negra que lle
cae en mata para o lado esquerdo do pescozo, mentres que para o
lado dereito deixa caer un tercio da mesma, correspondente á
crinera ou parte superior da crin; así como un pouco antes da nuca
e un frondoso fleco na fronte.
Na fronte, Mancha, presenta, en cor branca, un luceiro con
cordón característico que inspirou o seu nome. Aquí vémola
mostrándose cariñosa co presidente da asociación, Pablo Rodríguez,
cando este se acerca para aportarlle alimentación suplementaria. Ó
fondo aparece a egua “Besta” a egua “Besta” a egua “Besta” a egua “Besta”
As fotos, quitadas pola socia, Águeda Rodríguez, en decembro de
2006 e xaneiro de 2007, mostran á poldra con pelaxe de inverno na
parte sur do ecosistema de Ridimoas, onde atopa toxos tenros e
gramíneas silvestres das que gusta alimentarse.
Esta foto mostra ó socio, César Touza, gravando a Mancha que
está pastando monte baixo na paraxe do Valdasmo do bosque
Ridimoas.
Raións a noitiña no bosque de Ridimoas
Fermosos raións con porca brava na noitiña no
bosque de Ridimoas.(Fotos de Rosa Veiga)
Como este ano todo vai moi adiantado, as mimosas
(Acacia dealbata)empezaron a florear moi cedo tal e
como documenta esta foto feita o día 2 de xaneiro, na paraxe do
Valdasmo.
Cobro de cotas anuais
Estes días mandóuselle, os
socios/as que teñen incorrecta a ficha de domiciliación bancaria,
unha carta-historieta, para que no lo remitan cuberta e nós
poidamos cobrar a cota anual.
Esperamos a máxima colaboración pois estamos a mercar bastantes
parcelas
.
Pena Corneira declarada Monumento Natural
A formación xeolóxica de Pena Corneira, próxima ó linde oeste
de Ridimoas, vai ser declarada Monumento natural.
Pena Corneira é unha disxunción boular de granodiorita porfídica
tardía.
Desde o bosque Ridimoas apreciase claramente o penedo central que
mesmo parece un xigantesco menhir na cima da montaña, tal e como
se aprecia na foto de Pablo Rodríguez, tomada desde a paraxe do
Valdasmo do noso bosque e na que aparece á dereita un castiñeiro
(Castanea sativa) de poucos anos de idade, inzado de
ourizos de castañas.
Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas Instituto de Ensinanza Secundaria <<O Ribeiro>>
Rúa do Carballiño s/n, 32400 Ribadavia (Ourense)
Tfno/Fax: 988470817
Correo electrónico: ridimoas@mixmail.com
A equa Besta
Besta é unha egua de raza española de 12 anos de idade. Ten
unha alzada na cruz de 1,54 m e presenta capa castaña con crin,
rabo e remate das patas de cor negra.
Chegou ó noso poder en marzo de 2006,
entregada polo xulgado Nº 2 do Carballiño (Ourense), debido ó
abandono e malos tratos que sufría. Daquel pasado quedoulle un carácter arisco e
desconfiado, polo que debe ser manexada con precaución. Polo de
agora ningún ferrador foi capaz de ferrala.
A foto mostra a Pablo Rodríguez durante o manexo de Besta,
nunha fría mañá de decembro de 2006, na paraxe do Poenxo, no linde
sur do bosque Ridimoas.
Besta come moi ben o toxo das especies: Ulex europaeus
e Ulex nanus igual cós codesos (Adenocarpus complicatus)
atrevéndose ás veces coas propias mimosas (Acacia
dealbata).
Observar as londras
Durante o inverno, as londras (Lutra lutra) seguiron
frecuentando o regato de Caldelas que cruza Ridimoas polo linde
norte.
Poden ser observadas na poza da presa do muíño, tal e
como mostra a foto.